¿QUÉ É O PITCH & PUTT?
O Pitch & Putt é unha modalidade do Golf tradicional que ten como obxectivo xogar no campo o percorrido de 18 buratos, dende o lugar de saida ata introducila no burato, no menor número de golpes posible, respetando as regras do xogo.
O pitch & putt desenrólase en campos de buratos par 3, é dicir, deseñados para xogalos en 3 golpes. A suma do par dos 18 buratos danos un total de par 54, o que se considera o par do campo. Polo tanto, se un xogador xoga todo o campo en 60 golpes, faría + 6 respeto o par do campo e se un xogador xoga o campo, por exemplo, en 50 golpes, entonces faría – 4 respeto o par do campo. Posee características que o fan identificable ante o golf tradicional:
- No pich & putt os buratos teñen unha distancia entre 40 e 120 metros e el máximo para todo o percorrido é de 1600 metros, co cal hai que decir que xenera un gasto en mantemento do campo moito menor que un campo de golf tradicional. Ao tratarse de fincas ou espazos con moitas menos hectáreas, é posible que a súa localización esté máis próxima a núcleos urbanos ou incluso dentro deles.
- No pitch & putt xógase cun menor número de paos, xa que carece de paos para distancias longas. Un xogo de paos de pitch & putt consta de: un SW, un PW, un ferro 9, un ferro 8, un ferro 7 e un putt para xogar no green ou nos alrededores. Sen embargo, os xogadores e xogadoras que polas súas características xeneren moi pouca velocidade na cabeza de pao de golf, deben engadir na bolsa de pitch & putt algún outro pao que lles proporcione máis distancia, como un ferro 5, un híbrido ou unha madeira. A estos paos engadímoslle unha bolsiña non moi grande, xa que non é necesario levar moito equipamiento. Xogar os 18 buratos dun percorrido de pitch & putt pode levarnos entre 1 hora e 1/2 e 2 horas, como máximo, mentras que xogar un percorrido de golf tradicional pode levarnos 3 horas e 1/2 ou 4 horas xogando moi lentos.
- Os tees de salida (onde se inicia o xogo de cada burato), son pequenas esteras ou moquetas artificiais, en vez de amplias plataformas de herba natural propias dos campos tradicionais. O green (a zona máis segada onde está situado o burato e a bandeira) é tamén máis pequeno, aproximadamente a metade do que pode medir un green nun campo de golf tradicional.