Rematou a 6ª edición dun dos torneos máis esperados do ano , o torneo de Nadal Concello de Boiro. A competición comezou con moitos nervios, todos os xogadores quixeron levar pra casa estas marabillosas cestas de Distribucións Eleuterio Balayo.
Estamos moi agradecidos, tanto polo número de xogadores que participaron, 114, como polo noso concello, o alcalde José Ramón Romero García, a concelleira de deportes Dores Torrado Ares e o concelleiro Marcos Fajardo Outeiral. Moitas grazas pola vosa confianza na celebración deste evento!!!!!
Na categoría absoluta a gloria foi para o pequeno Simón Gómez, cun espectacular resultado de -5, na 2ª posición, cun resultado de -3, o vencedor foi Manuel Pena, completando o podio, cos mesmos golpes, Jorge Docabo .
Na categoría de hándicap, cun resultado impresionante, o vencedor foi Damián Eiras, seguido de Manuel Godón e ocupando o 3º posto Antón Gómez .
En categoría Sénior, gran vitoria de Marcos Fernández .
Na categoría feminina a gloria foi para Begoña Urgoiti.
E na categoría Junior, o gran triunfador foi Javier Pola Balayo!.
Parabéns a todos e en especial aos gañadores!!!
Véxase as clasificacións: