Fin de semana completo para a familia de Barbanza golf.
O venres e o sábado celebróuse o VII memorial en recordo dos nosos grandes amigos, Eva Tubío e Agustín Mouris, no que todo o recaudado destinóuse á aecc.
Todo o noso cariño, e o de tódolos membros da familia do golf, para Simón Daniel Varela Novoa, Daniel Varela Tubio, Rosana Calviño, os seus tres maravillosos fillos e resto de familiares e amigos.
Moito que agradecer, para nos é un verdadeiro honor poder organizar este evento cada ano. Sempre rodeados de xente maravillosa, colaborando dunha forma ou outra con este evento tan emotivo, e no que por desgracia, todos nos sentimos afectados.
Na entrega de premios tamén se agradeceu a gran labor humanitaria que están facendo cos nosos veciños de Valencia, aos que mandamos un gran abrazo y aos nosos socios, que están ali colaborando en todo o posible, Nacho Perez, Raquel Piñeiro e Lois Ces.
Mención especial a Marisa Lojo e compañeiras, sempre colaborando, de forma altruista, en beneficio da aecc, a Jose Tarrío Cespon de Tarrío Y Suárez, a Jesus Lojo de Sargadelos – Galería Barbanza, a Congalsa, a Distribuciones Eleuterio Balayo e á Federación Gallega de Golf, gracias polo voso apoio especial en este evento!!!!!
Agreceder a presenza na entrega de premios do noso concejal de deportes, Marcos Fajardo Outeiral, ao alcalde do Concello de Noia Santiago Freire, ao concejal de deportes do Concello de Rianxo Julio Alcalde, e ao delegado de pitch and putt galego Marcos Gomez Dominguez.
O maravilloso xamón, que recaudóu unha cifra récord, 5000 euros para a causa, foi para a rifa número 715, e o agraciado fuoi Alberto de Cures. Parabéns!!!
No deportivo, unha gran participación dos xogadores, que fan que estos eventos cobren unha gran magnitud, superando unha vez máis a cifra de 100 xogadores e obtendo uns magníficos resultados!!!! Noraboa aos campions!!!!!!
– Campión Absoluto: Antón Gómez Arnejo
– Subcampión absoluto: Alberto Colón Agrelo
– Campión Hándicap: Lucía Calvo Mosquera
– Subcampión Hándicap: Antonio Hervella Garrido
– Campión Senior: Juan Luis Riveira Gómez
– Campiona Feminina: Sabela Campos Cespón
– Campión Junior: Asier Colón Cebey