Esta fin de semana celebrouse o V memorial en recordo dos nosos grandes amigos, Eva Tubío e Agustín Mouris, no que todo o recaudado destinouse á aecc.
Todo o noso cariño, e o de tódolos membros da familia do golf, para Simón Daniel Varela Novoa, Daniel Varela, Rosana Calviño e seus tres fillos.
Moito que agradecer, xa que para nos é un verdadeiro honor poder organizar este evento cada ano. Sempre rodeados de xente maravillosa, colaborando dunha forma ou outra con este evento tan emotivo, e no que por desgracia, todos nos sentimos afectados.
Mención especial a Marisa Lojo e compañeiras, sempre colaborando, de forma altruista, en beneficio da aecc, a Jose Tarrío Cespon de Tarrío Y Suárez, a Gwend Garcia de Andoin de Sargadelos Galeria Boiro, a Congalsa, a Distribuciones Eleuterio Balayo e a la Federación Gallega de Golf, grazas polo voso apoio especial neste evento!!!!!
Agreceder a presencia na entrega de premios do noso alcalde, José Ramón Romero García, o concejal Marcos Fajardo Outeiral, o alcalde do Concello de Noia Santi Freire e concejala de deportes Laura Salgado Garcia.
O maravilloso xamón, que recaudou cerca de 6000 euros para a causa, foi para a rifa número 793, vendida por Marisa Lojo, Parabéns ao afortunado/a!!!!!
No deportivo, magníficos resultados!!!! Parabéns aos campions!!!!!!
Campión Absoluto: Fernando Agrelo Pérez
Subcampión absoluto: Marcos Gomez Dominguez
Campión Hándicap: Jorge Rodríguez Vital
Subcampión Hándicap: Carlos Cortes Viturro
Campión Senior: Manuel Sabin
Campiona Femenina: Victoria Martinez de la Lama-Noriega
Campión Junior: Simón Gómez Arnejo