Agradecidos de ser este ano o clube anfitrión do Campionato de Galicia Interclubes de Pitch&Putt, no que participaron máis de cen xogadores pertencentes a cinco clubes galegos: C.M.G. Torre de Hércules, C.G. Río Cabe, C.G. Paderne, Tambre Golf e Barbanza Pitch&Putt.
Moi orgullosos de ser o clube campión, sen tódolos nosos socios non sería posible. Parabéns!!!!!!!
Na clasificación por equipos, para a que se tiveron en conta as cinco mellores tarxetas scratch e as cinco mellores tarxetas hándicap de cada combinado, o equipo vencedor foi o anfitrión: Barbanza Pitch&Putt, con 269 golpes scratch e 260 golpes hándicap, para un total de 529 golpes. A segunda posición foi para o Campo Municipal de Golf Torre de Hércules, con 558 golpes (288 scratch e 270 hándicap). O terceiro clasificado foi Tambre Golf, con 562 golpes (288 scratch e 274 hándicap).
Agradecemento á Federación Gallega de golf por confiar en nos, a os árbitros da proba polo seu excelente traballo e por supuesto a tódolos participantes por facernos disfrutar de este maravilloso deporte.
Clasificación Interclubes